Skip to main content
O Páramo

A XXVI Festa dos Avós terá lugar no Páramo o vindeiro 16 de abril no Campo da Feira

Por 8 Abril, 2023Abril 9th, 2023Sin comentarios

O Concello do Páramo organiza para o vindeiro 16 de abril a XXVI Festa dos Avós.

Este evento comezará coa misa no Campo da Feira ás 12.30 horas, que continuará co xantar no polideportivo municipal.

Esta iniciativa está orientada para os maiores de 65 anos, para matrimonios, amigos ou xubilados en xeral.

As persoas que non sexan pensionistas, esposos ou non estean empadroados no Páramo, Terán que pagar 32 euros.

O alcalde do Páramo, José Luis López, pide que por motivos de organización as persoas interesadas en participar avisen nas oficinas municipais como último día o 11 de abril.