Skip to main content
Sarria

O vindeiro 16 de abril o Grupo Xacobeo de Sarria organiza unha ruta pola Fonsagrada

Por 7 Abril, 2023Abril 8th, 2023Sin comentarios

O Grupo Xacobeo Rutas de Sarria organiza unha ruta pola Fonsagrada de 10 quilómetros para o vindeiro 16 de abril.

Esta ruta terá unha dificultade media e as persoas interesadas en participar percorrerán ríos, bosques e paisaxes frondosas do municipio.

Xa pola tarde, despois de comer, os participantes acudirán ata a Seimeira de Vilagocende, a fervenza máis alta de Galicia, con case 60 metros.

As persoas interesadas poderán reservar praza ata o vindeiro 13 de abril a través do número 609 027 518 e terán que pagar 40 euros se son socios e 43 euros se non o son.