Skip to main content
Sarria

Búscanse cociñeiros para a Residencia de Maiores Nosa Señora do Carme de Sarria

Por 12 Abril, 2023Abril 13th, 2023Sin comentarios

O Concello de Sarria convoca unha bolsa de emprego público na Residencia de Maiores Nosa Señora do Carme para a contratación de cociñeiros.

Para isto, as persoas interesadas deberán posuír o ciclo medio de Técnico en Cociña e Gastronomía, o de Técnico en Cociña, o de Técnico Auxiliar en Cociña, o de Técnico en Hostalería-Cociña ou a titulación equivalente da mesma rama.

Porén, tamén valerá co título da ESO se vén acompañada da xustificación dun ano de experiencia en postos de cociñeiro.

As persoas interesadas e que cumpran os requisitos poderán presentar as súas instancias ata o día 17 de abril no rexistro do Concello, na sede electrónica ou nas oficinas de Correos.