Skip to main content
Deportes TERRACHÁXAPol LUGOXAPol TERRACHÁXA

Supervisan o estado das obras das gradas no campo de fútbol de Pol

Por 3 Abril, 2023Abril 4th, 2023Sin comentarios

A institución provincial dedicou máis 250.000€ para colaborar co Concello nesta actuación, que contempla o acondicionamento dos vestiarios, a execución dunha cuberta para as bancadas, a instalación das canalizacións e as baixantes, cerramentos laterais, e accesos ao baixo e á pasarela dos asentos.

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o Alcalde de de Pol, Lino Rodríguez Ónega, supervisaron este domingo o avance das obras nas gradas do campo de fútbol de Mosteiro, nas que a institución provincial investiu máis de 250.000€ para colaborar co Concello nunhas actuacións que contaron cun orzamento total que superou os 312.000€.

Os traballos, moi avanzados, consistiron no acondicionamento dos vestiarios, a execución dunha cuberta para as bancadas, a instalación das canalizacións e as baixantes. Grazas a esta achega tamén se actuou nos cerramentos laterais e accesos ao baixo e á pasarela dos asentos. As obras están agora centradas nas bancadas. Estase a traballar na colocación das lousa, e na instalación de elementos de accesibilidade e protección e dos asentos.

O mandatario provincial subliñou que esta aportación responde ao “compromiso firme e constante que mantemos de colaborar co concello de Pol e con todos os da provincia para que poidan ofrecer máis servizos e dotacións públicas aos seus veciños e veciñas para mellorar a súa calidade de vida, e tamén para xerar actividade social e económica”.

Máis dun millón de euros na área deportiva de Mosteiro

A institución provincial destinou nestes anos máis dun millón de euros a colaborar co Concello para o acondicionamento da área deportiva de Mosteiro, un proxecto que impulsou o Alcalde para crear unha gran dotación pública que fomente o deporte nun terreo de 38.000 m², que inclúe o campo de fútbol de herba natural e unha área de xogos situada preto do pavillón municipal, o colexio e a piscina.

A Deputación con Pol

A Deputación de Lugo destinou preto de 3,5M€ ao concello de Pol dende o ano 2019 para actuacións que contribúen a mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas e a dinamizar a economía local, así como para o mantemento do Centro de Atención a Maiores (CAM) que ten aberto a institución provincial dende hai preto de catro anos.