Skip to main content
Deportes TERRACHÁXAMuras

Cambian de data o Trail das Bestas, que será o sábado 15 de xullo

Por 13 Abril, 2023Sin comentarios

O Concello de Muras, organizdor do Trail das Bestas, vén de cambiar a data para a nova edición do mesmo, que será o sábado 15 de xullo. Este cambio fíxose por petición popular, xa que o 16 coincidía coa festividade do Carme, que se celebra moito na zona.

A organización fixo esta convocatoria pero aínda non se sabe cantas prazas haberá aínda que o ano pasado foron 500. As inscricións abriranse o 14 de abril.

A que será a sexta edición volverá ter un percorrido circular con saída e meta na Área Recreativa da Veiga despois de percorrer un circuíto marcado con cinta de balizamento e con sinais de dirección nos cruces a carón da localidade de Muras chegando á Serra do Xistral no seu punto máis lonxano. A organización establece tres distancias diferentes e caro disciplinas. Xa que serán o maratón, 27 quilómetros e 15 quilómetros para corredores e esta última distancia será a que se faga por parte dos que realicen a andaina.

Como novidade deste 2023 o percorrido do 15k e andaina será totalmente novo. Tamén será lineal, polo que transportarase aos corredores á saída en buses, igual que se fará no 27k.

Tamén se establecen dúas categorías, absoluto e veterán (este último para maiores de 46 anos). Non existe a categoría senior. Os premios absoluto e veterán son acumulativos. Haberá trofeos para os tres primeiros de ambas categorías.