Skip to main content
Outeiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

Organizan un obradoiro de reciclaxe en Outeiro de Rei

Por 18 Abril, 2023Sin comentarios

O Concello de Outeiro de Rei abre o prazo de inscrición no Obradoiro de reciclaxe de cousas que temos pola casa, financiado pola Deputación Provincial de Lugo dentro da programación de actividades medioambientais que se realizan nos concellos integrantes da Reserva da Biosfera Terras do Miño.

Este obradoiro celebrarase no Espazo Municipal de Autorreparación e Intercambio de Obxectos situado no Parque Empresarial de Outeiro de Rei ao carón do Punto Limpo os sábados 6, 13 e 20 de maio de 2023 en horario de 10:00 a 14:00 horas.

Pode solicitar participar neste obradoiro calquera persoa que o desexe a partir de 10 anos coa particularidade de que as persoas menores de idade deberán asistir acompañadas dunha persoa adulta.

Neste obradoiro está previsto que se traten conceptos xerais de electricidade, carpintaría, bricolaxe e reparación de aparellos eléctricos, nocións que permitirán adquirir coñecementos básicos para a reciclaxe futura de moitas cousas que temos polo fogar e para as que podemos buscar unha segunda vida; paralelamente, pensando sobre todo nos máis cativos, contempla a posibilidade de impartir contidos relacionados coa elaboración de xoguetes reciclados.

O número de prazas que se ofertan é de 15 e a cota de inscrición é gratuíta.

As inscricións están abertas ata o 2 de maio e pódense realizar na Casa da Cultura de Outeiro de Rei ou no teléfono 982 393 408.