Skip to main content
A Pastoriza

Proxectan a mellora da seguridade na rotonda de acceso a Bretoña

Por 3 Abril, 2023Sin comentarios

A Xunta de Galicia está traballando na mellora da seguridade viaria da estrada autonómica LU-122 nos accesos a Bretoña, no municipio da Pastoriza.

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, desprazouse ata a zona na que se proxecta a construción dunha rotonda, no punto quilométrico 13,850, que simplificará o modelo de cruce con dúas semiglorietas existente na actualidade. Deste xeito, apuntou, “o acceso será máis sinxelo e seguro, especialmente para o tráfico que se despraza en sentido Lourenzá”.