Skip to main content
A Pastoriza

A choiva non puido coa Festa da Bola de Liscos e Freces de Bretoña

Por 24 Abril, 2023Abril 25th, 2023Sin comentarios

A XII edicación da Festa da Bola de Liscos e Freces de Bretoña volveu ser todo un éxito de público e de organización e nina a choiva impediu este festexo de exaltación dun plato títpico.

Trátase dunha celebración que busca ser declarada Festa de Interese Turístico de Galicia e que organiza unha remodelada Asociación de Amigos da Feira de Bretoña, co patrocinio da Deputación e do Concello.

Nesta edición destacou a visita do delegado do Goberno, José Ramón Gómez Besteiro; da responsable de Turismo da Deputación Provincial, Pilar García Porto; do senador lucense César Mogo Zaro; do alcalde de Pol, Lino Rodríguez Ónega, e do alcalde da Pontenova, Darío Campos Conde.

Nesta edición que vén de terminar repartíronse unhas mil racións entre os asistentes destes dous pratos, que como lembrou a pregoeira, a historiadora Paula López, forman parte do patrimonio inmaterial deste concello.

Voluntarios da asociación foron os encargaados de preparar as mil racións de freces, realizadas cunha nova receita modificada o ano pasado e as panaderías Murado de Aldurfe, en Riotorto, e Seivane, en Bretoña, coceron as bolas de liscos para repartir tamén outras tantas racións.

A música do Dúo Estrellas e da escola de música local animou unha sesión na que tamén se puido ver unha mostra de vehículos clásicos. Este ano, ademais, incorporáronse postos de artesanía.

A bola de liscos é un prato da zona elaborado con masa de pan, panceta afumada, chourizo e berzas, o que se coñece como cociña con produtos de subsistencia pero cun resultado espectacular. Este ano, para darlle todavía máis relevancia, as bolas estarán elaboradas con produtos do porco celta. Para os que non coñezan este produto, ten moito parecido cunha empanada gorda pero moi xugosa e sabrosa. Esto é debido aos liscos do seu interior e o sabor é pola cobertura de berza coa que se mete ao forno.