Skip to main content
Pol LUGOXAPol TERRACHÁXA

O PP de Pol propón políticas de conciliación para os traballadores do Concello

Por 13 Abril, 2023Sin comentarios

O Partido Popular de Pol propón unhas políticas de conciliación para mellorar o ámbito laboral no Concello. Neste sentido os populares opinan que para ter uns bos resultados na administración é necesaria a intervención do goberno para facilitar a xornada aos empregados.

A candidata á alcaldía de Pol, Nicole Grueira, explica que “nós propoñemos medidas de conciliación a todos os traballadores do concello, cunha política de calidade no que respecta ao funcionamento dos operarios. Vemos necesario que se atenda as propostas dos empregados para ter unha mellor planificación de traballo e axilizar os servicios”. Con respecto a este asunto a alcaldable subliña que “un bo ambiente laboral e estable repercutirá positivamente na produtividade dos traballadores e tamén nos servicios públicos, axilizando os trámites administrativos e burocráticos”.

Nicole Grueira engade: “Quero resaltar a importancia da plantilla dos persoais laborais, de cada un dos operarios e do valor e riqueza que supoñen para o concello. Temos que agradecerlle o esforozo e por iso o trato debe de ser impecable. Os traballadores deben estar motivados”.