Skip to main content
As Pontes

As Pontes inicia unha formación para entidades deportivas sobre desfibriladores

Por 14 Abril, 2023Sin comentarios

O Concello das Pontes ven de poñer en marcha unha formación sobre desfibrilación automática externa, dirixida ás entidades deportivas da vila.

O obxectivo desta formación é facilitar ás persoas participantes unha formación básica inicial, guiada por persoal sanitario experto, con prácticas de simulación, que lles permita familiarizarse cos pasos a seguir e aprender a controlar unha situación de emerxencia cardiorespiratoria.

Deste xeito, incrementarase o número de persoas capacitadas para manexar os DEA para que, en caso de que fose necesario, axudaran a manter con vida a unha persoa ata a chegada dos servizos sanitarios.

Así, as clases, que comezarán a finais do mes de abril, incidirán es aspectos como a identificación dunha parada cardiorespiratoria, manobras de reanimación cardiopulmonar básica, que é un DEA, quen pode empregalo, que necesitamos saber, así como en cuestións relativas funcionamento do equipo DESA.

Por outra banda, esta formación tamén inclúe charlas sobre primeiros auxilios para o alumnado de primeiro e segundo de Educación Primaria dos CEIP A Magdalena, A Fraga e Santa María que teñen como obxectivo ensinar á veciñanza máis nova da vila a actuar ante unha emerxencia na casa.

A charlas arrancaron a semana pasada no colexio da Fraga e continuarán durante esta semana e a vinderia semana no colexio A Magdalena para chegar no mes de marzo ao centro educativo A Fraga.