Skip to main content
As Pontes

Os Xoves na Biblio das Pontes continúan con ‘O libro vivo’

Por 19 Abril, 2023Sin comentarios

Continúa o programa Xoves na Biblio esta semana, 20 de abril, co espectáculo Bibliodiscoteca, de María Faltri Picadiscos, un espectáculo para nenos a partir de 3 anos.

María Faltri é un dos novos nomes de referencia dentro da música infantil galega, a vocalista da Banda das Apertas de Magín Blanco chega agora cun espectáculo orixinal e sorprendente: Unha picadiscos de música infantil.

Durante o seu espectáculo María brindaralle aos cativos e cativas unha escolla da mellor música infantil galega para que non deixen de cantar e bailar.

María ten tamén unha ampla experiencia no mundo da animación cultural, un ingrediente perfecto para que o público miúdo xogue, se divirta e aprendan as cancións da man dos libros da súa pequena biblioteca ambulante.

A sesión será coma sempre, ás 18.00 horas na Casa Dopeso e de balde. Precisa inscrición previa no teléfono 982 102 562.