Skip to main content
As Pontes

Seara impulsa unha rede de mulleres empresarias e autónomas nas Pontes

Por 29 Abril, 2023Maio 1st, 2023Sin comentarios

Máis de corenta proxectos empresariais liderados por mulleres reuníronse nas Pontes para crear a Rede de Autónomas e Empresarias.

Esta iniciativa nace da colaboración entre a Asociación de Empresarios Seara, Asociación Euroeume Cohempo- Asociación de Comerciantes, Hostaleiros e Empresarios Pontesese o Concello das Pontes co obxectivo de axudar ás autónomas e empresarias a desenvolver a súa actividade empresarial.

Coa concepción clara de que as autónomas e empresarias son o corazón deste proxecto, e que o traballo para realizar vai ir encamiñado a cubrir as súas necesidades, créase unha rede que aglutinará a proxectos empresariais liderados por mulleres de todos os sectores de actividade.

Como convidada de excepción, asistiu a esta reunión Leire Martinez, a cantante do grupo a Orella de Van Gogh, que impartiu un relatorio contando a súa experiencia e resaltando a importancia de colaborar en todo este tipo de proxectos.

Traballarán temas relacionados directivamente coa actividade empresarial, visibilizando os proxectos de autónomas e empresarias, establecendo colaboracións e sinerxias entre elas, prestando tamén atención á problemática da conciliación laboral-familiar, así como sensibilizar á cidadanía en xeral sobre a posición das mulleres na nosa sociedade.