Skip to main content
As Pontes

Suspendida a proba ecuestre prevista nas Pontes para este sábado

Por 27 Abril, 2023Sin comentarios

O Concello das Pontes comunica que o evento “As Pontes Ecuestre”, unha actividade posta en marcha pola concellería de Deportes en colaboración coa Federación de Hípica e o club hípico local, Prado Ventura, apraza a súa celebración debido á previsión climatolóxica para o sábado, 29 de abril, que impide a realización do evento con todas as garantías de seguridade para os xinetes e amazonas.

O Concello das Pontes e a Federación de Hípica Galega lamentan as molestias que o aprazamento da proba poda causar aos diferentes clubs hípicos xa inscritos na proba aos cales se informará sobre a nova data de celebración.

Así mesmo, o Concello das Pontes e a Federación Hípica Galega, unha vez fixada a nova data de celebración do evento As Pontes Ecuestre informarán á cidadanía coa finalidade de que poidan asistir a esta iniciativa que ten como obxectivo promocionar a actividade ecuestre na vila, con gran tradición no municipio, potenciando, ao mesmo tempo, a contorna do lago.