Skip to main content
Deportes TERRACHÁXAVilalba

A Escola Momento de Vilalba logra 12 medallas no clasificatorio do Mundial de danza

Por 5 Abril, 2023Abril 6th, 2023Sin comentarios

A Escola Movemento de Vilalba volveu participar un ano máis no clasificatorio para o Mundial de Danza cuns espectaculares resultados. Foron tres días de competición en Burgos que trouxeron como resultado 12 melladas para outras tantas coreografías das 24 que presentaron, as cales obtiveron tamén moi boas cualificacións.

Foron en total cinco de Ouro para as  grupais Believer, Ritmo, Chindolelé, Miña nai, miña naiciña e Mariñeiriño da mare. As pratas foron para Jimena García por Calm e as grupais Cowgirls, Boom, Beyonson e Santa Compaña. Tamén recibiron dúas medallas máis de bronce por Tengo una muñeca vestida de azul e Terra.

Ademais, as outras 12 coreografías estiveron entre as dez primeiras da súa especialidade, con tres cuartos posotos e dous quintos entre elas.

Unha vez rematado, a segunda fase consistirá en participar coas coreografías premiadas na fase final do Mundial, que se disputará do 30 de xuño ao 8 de xullo en Braga.