Skip to main content
Deportes AMARIÑAXAMondoñedo

Excelentes resultados na II Copa Ibérica Feminina de Taekwondo celebrada en Mondoñedo

Por 2 Maio, 2023Sin comentarios

O pavillón municipal de Mondoñedo albergou a II Copa Ibérica Feminina, congregando a máis de 200 deportistas durante dúas xornadas de competición, organizadas polos Clubes Jansu Vilalba e Biosbardo de Lugo en colaboración coa Federación Galega de Taekwondo e o Concello de Mondoñedo.

Este evento pretende visibilizar as dificultades do deporte feminino, pois dado que segundo o regulamento todo o persoal técnico, delegadas, deportistas, xuízas, etc. deben ser de xénero feminino. Dende a organización quíxose dar visibilidade á  necesidade de potenciar o deporte feminino a pesar de estar completamente  integrado na disciplina de Taekwondo. No cómputo total do campionato o club  vencedor recibíu un cheque de 400€ xentileza de O Petisco.

A xornada de técnica arrancou ás 10.00 horas do sábado en formato eliminatoria para as categorías base, dende prebenxamín a xuvenil. A competición estivo dividida  segundo a graduación das deportistas para realizar uns enfrontamentos máis  igualitarios.

A clasificación por equipos durante a xornada do sábado quedou do seguinte xeito, primeiro Club Taekwondo Sada, segundo Club Taekwondo Neka e terceiro Club Taekwondo Hans Horang I.

Ámbalas dúas xornadas contaron con resultados en directo e retransmisión en vivo, un feito bastante novidoso nas competicións de taekwondo, que  agradeceron público e deportistas, ó tempo que se contribúe a dar  transparencia e espectacularidade á competición.

A xornada do sábado levantou o telón ás 9,30 horas da mañá, estando todo por decidir, tanto a nivel individual como na clasificación por equipos.

A competición contou con Árbitras Internacionais, María Bautista e Concepción  Martínez, que se encargaron de dar seguridade e fluidez ó campionato. Tamén  destacamos nesta ocasión o luxo de contar coa súa colaboración para realizar un seguimento “on board” (con cámara de video) de varios combates, sendo a primeira  vez que se realiza en Galicia.

A competición comezou coa competición Cadete así como as súas finais, dando paso ás 12 horas á cagegoría Júnior.

Na clasificación por clubs a loita estivo reñida ata o último combate, decidíndose a clasificación de clubs, que xuntaba as puntuacións do sábado e  domingo, nos dous últimos combates do campionato. O seguimento en directo de tódolos resultados, tanto individuais como por equipos provocou que os últimos  compases da competición fosen tremendamente excitantes e satisfactorios, algo que  desfrutaron tódalas competidoras.

Por unha marxe de tan só un punto o club de Cangas do Morrazo alzouse victorioso desta copa. Pero a emoción non ficou ahí, posto que no segundo e terceiro posto, empatados a puntos BoudSport (Ordes) e Dobok (Coruña) os metais de prata fixeron o desempate. ¡Emoción ata o último segundo!

Con esta edición, que contou cunha convidada de luxo, Mercedes Barrientos, presidenta de honra da Federación Galega de Taekwondo, a  organización celebra o éxito da competición poñéndose a traballar xa na seguinte edición que contará con moitas novidades, sempre a prol do deporte feminino e de achegar a  nosa disciplina ó gran público.