Skip to main content
AlfozO Valadouro

A protectora de Animais Valadouro-Alfoz busca voluntarios

Por 25 Maio, 2023Sin comentarios

A Asociación Protectora de Animais Valadouro Alfoz comunicou nas súas redes sociais que buscan voluntarios para axudar nas instalacións e nos paseos e tarefas diarias.

“Aínda que tentamos que os nosos peludos teñan todos o seu paseo diario a parte do tempo de patio non sempre o conseguimos. Durante as quendas tamén hai que alimentar, limpar ou dar tratamentos”, din.

“Eles desfrutan moitísimo o tempo no que saen a descubrir novos lugares e cheiros e cremos que sería moi beneficioso para eles ver a máis xente a parte dos que xa estamos con eles todos os días”, engaden.

Así, si se desfruta dos animais e se quere botar unha man piden poñerse en contacto con eles no correo apava5@hotmail.com.