Skip to main content
Foz

Mesmos candidatos para Foz

Por 15 Maio, 2023Maio 16th, 2023Sin comentarios

Os tres partidos presentan unhas listas moi parecidas aos anteriores comicios de 2019

Fran Cajoto deu a sorpresa nas pasadas eleccións na vila ao arrebatarlle o bastón de mando ao PP e devolverlle ao PSOE a Alcaldía, por iso preséntase nesta ocasión para seguir cos seus proxectos. Así mesmo, os populares presentan a Jorge Javier Castiñeira para intentar volver virar a balanza política. O BNG tamén volve confiar en Francisco Xavier Fanego Bermúdez, traballador de Alcoa, tralos bos resultados conseguidos nos pasados comicios de 2019.

PSOE. O alcalde de Foz e candidato polo PSdeG-PSOE ás eleccións municipais, Fran Cajoto, presentou a súa lista para o 28 de maio.

Francisco Cajoto, enxeñeiro de profesión, insiste en que se presenta “con moitísimas gañas e con máis ilusión ca nunca. Teño que agradecer enormemente o gran compromiso de todas as persoas que me acompañan nunha candidatura que ten un obxectivo claro: traballar por Foz, con humildade e con esforzo. Partimos de catro anos de experiencia nos que a pesar das dificultades derivadas da pandemia o Concello medrou en poboación, melloráronse infraestruturas na vila e nas parroquias e se levou a conexión de fibra óptica a todo o rural. Queremos continuar impulsando un proxecto que naceu para quedarse e ser merecedores da confianza das veciñas e veciños. Hoxe arranco un novo proxecto, é un gran día”, subliñou o actual rexedor focense, antes de destacar o traballo realizado polo seu equipo de goberno actual. Na candidatura están presentes os actuais concelleiros, “aos que agradezo o gran traballo destes catro anos e tamén caras novas: persoas xoves pero que destacan pola súa capacidade de xestión á fronte de asociacións e centros educativos, como Ángel Fernández e Elena Martínez Pena”.

PP. O candidato á Alcaldía, Javier Castiñeira, sinalou que a candidatura que encabeza ten “ilusión, xuventude, ideas renovadas” e está integrada por “xente representativa de cada parroquia”.

A do PP de Foz é, en palabras de Javier Castiñeira, “unha candidatura de 20 persoas, 11 mulleres e 9 homes, dispostos a traballar para mellorar servizos, como os de limpeza, recollida de lixo e xardinería; para mellorar o mantemento das vías locais; aumentar prazas de residencia e de axuda no fogar; crear máis prazas de gardería para conciliar”. A lista popular traballará “coa fundación para darlle saída ao Asilo; coa ACIA para que o pobo sexa máis atractivo, coas asociacións culturais para decidir onde faremos o auditorio e coas asociación de veciños para coordinar os investimentos nas parroquias”.

Castiñeira sinalou que “daremos participación real á xente e consensuaremos os orzamentos cos colectivos. Hai que actualizar as ordenanzas fiscais para axudar ás familias, ás primeiras residencias e á xente que se decide polo rural; eliminaremos o imposto da plusvalía o primeiro ano de goberno e bonificaremos ás empresas que se asenten en Foz. Buscaremos solución aos solares abandonados, melloraremos as entradas de Foz por Marzán e Vilaxoane, promocionaremos o eixo porto-Rapadoira e pediremos á Xunta que amplíe Porto Chico”.

O candidato lembrou os seus oito anos á fronte do goberno local, que foron anos “de feitos irrefutables”, nos que se logrou a residencia da terceira idade, aprobar o plan xeral, modernizar a zona comercial, mellorar a zona do porto, etc”. Lembrou tamén que, “na oposición, nestes catro anos, tentamos sempre seguir sumando”, e así se conseguiu “remodelar o instituto de Foz, xestionar a nova depuradora, defender a residencia, a escola de música, etc”.

BNG. O BNG presentou a candidatura para as vindeiras eleccións municipais que encabeza Francisco Xavier Fanego. Unha candidatura conformada por xente moza e xente con experiencia, por persoas de diferentes sectores e comprometida tamén no día a día co futuro do concello, participando todas elas e todos eles en diferentes colectivos e sectores na dinamización do pobo.

O amplo equipo que lidera Fanego está composto por vinte e sete persoas que levarán adiante en Foz o modelo BNG de política municipal, “que é o modelo realmente transformador que precisan vilas e concellos coma Foz, para mellorar a vida das persoas, poñendo no centro das súas actuacións as necesidades da veciñanza, para atendelas, con diálogo e transparencia, como veño facendo xa nestes catro anos dende o grupo municipal do BNG no goberno do concello deste a tenencia de Alcaldía e as respectivas concellería dependentes dela”.

CANDIDATOS ELECCIÓNS 2023

BNG

1. Francisco Javier Fanego
2. Simeón Neira López
3. Benito García Bolaño
4. Zoraida Coira Vázquez
5. Sara Veiga Alonso
6. Gema Méndez Leivas
7. Iago Villamil Cajoto
8. Sonia Zubillaga Fernández
9. Antía Fernández Moscoso
10. Daniel García Fernández
11. David García Díaz
12. José Ramón Veiga Alonso
13. Paz Quiroga Labrada
14. Estanislao Moreda Rodríguez
15. Teresa Rego Cabanas
16. José Luís Arca Couto
17. Lorena Seivane García
Suplentes:
1. María Elvira Arias Sante
2. Antón Xosé Neira Alonso
3. Amara Méndez Alonso
4. Juán Benito García Lorenzo
5. Rosa María Calvo Martínez
6. José Ricardo García Blanco
7. María Inés Paz Neira
8. Antón Ponce Montero
9. Pilar Rei Teixeiro
10. José Manuel Peña Abeijón

PP

1. Javier Jorge Castiñeira
2. Maria Mercedes Rodríguez
3. Laura Riveira Balseiro
4. Verónica Soto Piñeiroa
5. José Antonio Hermida Fernández
6. José Ángel Paleo Soto
7. María Dolores Labrada Labrada
8. Miguel Ángel Fernández Mon
9. Iago Rivas Eiroa
10. Nuria Sante Fernández
11. Francisca Díaz Díaz
12. Rocío Basanta Villapol
13. Fátima Rodríguez Moreda
14. Víctor Martínez Fonte
15. Jonathan Delantero Rodríguez
16. María Fernanda Pérez Rodríguez
17. Roberto Fernández Pena
Suplentes:
1. Vanesa Maseda Vilar
2. José Rodríguez García
3. Paula Ortiz Diaz

PSOE

1. Francisco Cajoto Caserio
2. Inés López Couto
3. Ángel Fernández Neira
4. Ana Matea Rojo Eijo
5. José María Linares Rodríguez
6. Elena Martínez Peña
7. Carlos García Rodríguez
8. Katherina Asunción Alonso
9. Francisco Javier Fraga Fernández
10. Ana Casas Trelles
11. Jesús Hermida Carracedo
12. Maria Luisa Piñeira Núñez
13.José Ramón Villarino Neira
14. Vanina Cabrera Sánchez
15. Jesús Pérez García
16. Beatriz López Rey
17. Alberto Leivas Rodríguez
Suplentes:
1. Miguel Pena Ares
2. Maria Nelly Castro Neira
3. José Francisco Ramalleira Fraga