Skip to main content
Foz

O PSOE de Foz aposta por unha nova zona de parada de autobuses e de estacionamento de vehículos no instituto

Por 14 Maio, 2023Maio 15th, 2023Sin comentarios

O PSdeG-PSOE de Foz propón resolver en colaboración coa Xunta de Galicia os problemas que sofre o instituto nos seus accesos. Na actualidade non existe unha parada axeitada para os autobuses que acoden diariamente ao centro nin un estacionamento ordenado para vehículos privados máis alá do persoal docente. “Preocúpanos moito a seguridade viaria, diariamente acoden máis de 400 rapazas e rapaces ao centro e a accesibilidade non é a axeitada. Ademais, como estacionamento para vehículos privados está a empregarse unha parcela privada acondicionada polo Concello que en calquera momento se podería edificar. Creemos que xa é hora de poñerse mans á obra para solucionar un problema que vai a máis” –declara Fran Cajoto.

O actual alcalde e candidato socialista propón usar os terreos que forman parte do centro e están en desuso, na parte sur do mesmo: “Avanzouse en seguridade nesta lexislatura coa construción dunha beirarrúa de 2 metros de anchura e o aglomerado do vial de subida. O que proxectamos é habilitar unha zona de parada de autobuses dentro do recinto do centro e unha zona de estacionamento para vehículos privados. Vamos esixir a implicación da Xunta para resolver dunha vez por todas a accesibilidade no instituto, algo moi necesario” – remata Fran Cajoto.