Skip to main content
Lourenzá

O BNG presentou a súa candidatura á Alcaldía de Lourenzá

Por 2 Maio, 2023Sin comentarios

O BNG presentou a súa candidatura á Alcaldía de Lourenzá. Candidatura que encabeza a traballadora do Sergas, Belén Fanego Barreira, e da que forma parte tamén no número 3 a actual concelleira e portavoz municipal Áurea Vázquez Abal (Mani) e que conta con numerosas incorporacions, de diferentes idades, de diferentes sectores e das diferentes parroquias.

En palabras da alcaldable Belén Fanego, “O BNG quere gobernar Lourenzá porque tén un proxecto e un modelo que se aplica xa en moitos concellos do país e da comarca. Nós  ofrecemos rigor, traballo, e sobre todo humildade e atención ás preocupacións da veciñanza e aos problemas que nos acheguen e queremos a participación de toda a sociedade para traballar conxuntamente na procura de solucións”. A candidata avanzou tamén ideas centrais do seu programa, como a potenciación do comercio e o turismo local, o desenvolvemento local e a creación de emprego, a mellora dos servizos municipais, o ocio, o patrimonio e uns servizos sociais integrais, donde as persoas serán o principal obxectivo.

A candidatura

  1. Belén Fanego Barreira
  2. Francisco Xabier Trigo Maseda
  3. Áurea Vázquez Abal (Mani)
  4. Anxo Fernández Villalba
  5. Miguel Rodríguez Acebo
  6. María José Terrados Díaz
  7. Pedro Rodríguez Romero
  8. Ana García Cuadrado
  9. Héctor Terrón Salvatierra
  10. Daniel Recalde López
  11. Concepción Ares Sanmartín

Suplentes:

  1. Martín Bouso Iglesias
  2. Ramón Valiña Rivas
  3. Yolanda Ramil Seivane
  4. César Docampo Fernández
  5. Pedor Barreira Salgado