Skip to main content
A Pontenova

O BNG presentou a súa candidatura á Alcaldía da Pontenova

Por 6 Maio, 2023Sin comentarios

O BNG presentou a súa candidatura á Alcaldía da Pontenova, encabezada por Xorxe Gómez Rico. Na presentación, ademais do candidato interviu o deputado mariñao Daniel Castro, e Jorge Macía, membro da candidatura.

Desde o BNG aseguran que é posible un futuro mellor, aproveitando e desenvolvendo as potencialidades do municipio, que son moitas. Para eso é necesario remar todos na mesma dirección, afirman,  “creando un clima de colaboracion e consenso entre os diferentes axentes económicos,  sectores sociais e  institucións, para ofrecer aos cidadáns e cidadás  da Pontenova un pobo máis moderno, dinámico e innovador, aproveitando tamén toda a nosa  riqueza agroforestal e gandeira que ainda está por explotar en todo o seu potencial”

Apostan por dinamizar o comercio local de proximidade incentivando o consumo dos diferentes produtos e artigos da súa ampla oferta, e  traballarán  desde o concello para facilitar o establecemento de empresas no municipio, e axudando especialmente a aquelas persoas  que queren emprender un negocio.

A gran cantidade de recursos naturais, paisaxísticos, patrimoniais e culturais de que dispón o concello é outra das liñas de actuación dos nacionalistas, pois  tén que ser a base dun turismo sustentable, de calidade, e que xere oportunidades económicas e  laborais para a poboación.

Propoñen tamén a participación de todo o tecido asociativo na toma de decisións que teñan a ver co seu ámbito sectorial, ao igual que a de todos os veciños e veciñas, por eso a participación veciñal na vida municipal sexa  un dos piares da  Pontenova do futuro , e polo tanto habilitarán  mecanismos  tales coma os orzamentos participativos, para que  esto sexa posible.

O desenvolvemento de políticas de igualdade públicas, desenvolvendo programas e actuacións nesta materia de xeito interxeracional e a nivel educativo para conseguir un concello máis igualitario e xusto é outro dos piares das accións do BNG no concello.

A candidatura:

  1. Xorxe Gómez Rico
  2. Carmen Otero Ruiz
  3. Marina Fernández López
  4. Jorge Macía González
  5. Tania Pardo Santos
  6. Borja Rodríguez Aguirre
  7. Pablo Méndez Díaz
  8. Xosé Luis Gutiérrez Rivas
  9. José Antonio González Rego
  10. Manuel Rodríguez Méndez
  11. José Pedro Reigada Peña

Suplente:

  1. Antonio Díaz Lombardía