Skip to main content
O Vicedo

O Fuciño do Porco podería ter acceso este verán

Por 21 Maio, 2023Sin comentarios

O Fuciño do Porco podería ter acceso este verán tralo derrube producido tralas chuvias do inverno e os conseguintes desprendementos. Trátase dunha solución provisional, posto que a Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao traballa nun proxecto de carácter permanente.

Así, segundo o alcalde, Jesús Novo, xa dispoñen dun proxecto para a colocación dunha escaleira provisional no acceso a este enclave natural.

Ademais, Novo indicou que se aprobou unha modificación de créditos do orzamento municipal para poder levar a cabo esta actuación, que se custeará con fondos propios. Xa concluiu o devandito prazo de reclamacións polo que a Administración local podeiniciar o proceso para a contratación da actuación. O rexedor cre que os traballos poidan iniciarse a mediados xuño.

A Autoridade Portuaria Ferrol-S.Cibrao, a entidade con competencia na zona afectada, deseñou unha ponte colgante sen apoios intermedios e unicamente suxeitada no istmo e nun punto firme do camiño de entrada onde se colocarían bases de formigón.