Skip to main content
Viveiro

Os socialistas de Viveiro realizarán unha actuación de mellora na rotonda da Misericordia

Por 20 Maio, 2023Sin comentarios

Os socialistas de Viveiro garanten a realización de diferentes actuacións de mellora das infraestruturas locais no próximo mandato. “Hai tempo que se veñen realizando xestións para intentar mellorar diversas infraestructuras, e para isto tramitouse a desafectación de varios terreos pertencentes a Costas”, asegura María Loureiro, candidata socialista á reelección o 28 de maio.

“A obtención da titularidade destes terreos permitirá levar a cabo varias actuacións de gran relevancia para o Concello de Viveiro”, explica.

“Entre eles pode citarse a rotonda da Misericordia. Sobre esta actuación, dende o concello xa se ten realizado un estudo ou proposta coa pretensión de mellorar esta rotonda, tanto no que se refire ao tránsito rodado como ao peonil, para o que se pretende realizar un cambio na súa configuración e unha mellora dos servizos existentes”, asegura Loureiro.