Skip to main content
Deportes LUGOXALugo

O Club Natación Portamiñá proclámase campión galego en División de Honor

Por 10 Maio, 2023Sin comentarios

Este sábado a piscina municipal de Frigsa acolleu a Fase Final da Liga Galega de División de Honor, unha das citas máis importantes do calendario galego en competición regular.

Esta competición enfrontou ao Club Natación Portamiñá, o Club Fluvial e o Club Natación Pabellón Ourense nunha xornada nos que os nadadores do Portamiñá se praclamaron campións.

O club lucense está desfrutando dunha tempada chea de éxitos despois de conseguir en novembro o título de campión galego absoluto, tamén na piscina de Frigsa, e de obter uns grandes resultados no Campionato de España Open Junior e Absoluto celebrado a finais de marzo en Palma.

A estes éxitos súmase tamén o recente campionato dos infantís de Liga Galega Infantil nesta tempada 2022 – 2023.