Skip to main content
Castroverde

O Concello de Castroverde organiza campamentos de verán durante xullo e agosto

O Concello de Castroverde organiza campamentos de verán para os meses de xullo e agosto destinados a nenos e nenas entre os 3 e os 16 anos.

O horario será de luns a venres con entrada dende as 8.00 ata as 10.30 e saída dende as 13.30 ata as 14.00 no pavillón municipal A Ferreira.

O prazo para inscribirse comeza o 1 de maio nas oficinas do Concello e rematará o día 15 de maio.

As prazas máxima por quincena son 50 e a admisión realizarase por orde de entrada de solicitudes no rexistro.

O custo por cada neno será de 120€ mes e os nenos que leven empadroados no municipio de Castroverde como mínimo 3 meses antes do inicio do prazo de inscrición terán unha subvención do concello do 50%.

No caso de familias o segundo fillo pagará o 50 % do custo da actividade e dende o terceiro fillo en diante será gratuíta a actividade.