Skip to main content
Lugo

Arroxo afirma que a intermodal non se converta “no novo aeroporto pantasma de Castellón”

O candidato do BNG á alcaldía de Lugo, Rubén Arroxo afirmou, ante o anuncio da licitación da estación intermodal por parte do Goberno do Estado, que “a estación non pode converterse no novo aeroporto pantasma de Castellón, é preciso que xunto co investimento nesta infraestrutura se avance na modernización das vías, conseguindo e que Lugo conte cunhas conexións ferroviarias dignas.” Arroxo afirmou que “vemos positivo que por fin se active a construcción da Intermodal pero seguimos reclamando os importantes investimentos para mellorar os servizos ferroviarios que Lugo precisa, tanto para o transporte de pasaxeiros como para as mercadorías”.

“Para xerar emprego e facer que Lugo avance precisamos unhas comunicacións dignas que fagan que o noso concello estea á altura das demais cidades galegas “, afirmou Arroxo, que lembrou as necesidades de Lugo que Lugo a día de hoxe continúa a ser a única cidade galega que non ten conexión directa en ferrocarril con Compostela, “un agravio que se resolvería cunha obra de 27 quilómetros de vía para conectar as paradas de Curtis e Ordes creando unha traxecto directo desde Lugo a Compostela”, explicou o candidato do BNG.

O BNG reclama tamén a modernización da vía Lugo – Coruña e a recuperación dos servizos eliminados nos últimos anos, “o que permitiría dar un paso adiante na conexión de Lugo co resto de Galiza”, ademais da inclusión de Lugo no Corredor Atlántico de Mercadorías, “o que dará prioridade á hora de acceder a fondos europeos para a mellora das infraestruturas da rede transeuropea de transportes”