Skip to main content
Deportes LUGOXALugo

A Selección Galega benxamín, do lugués Nino García, é campioa de España de fútbol sala

A Selección Galega benxamín, dirixida polo lugués Nino Garíca, proclamouse en Murcia campioa de España de fútbol sala tras derrotar na gran final á potente Cataluña  por 2-1.

Ante Cataluña, o combinado dirixido por Nino García pechou o círculo e completou a súa obra mestra. Galicia saíu con descaro, sen medo e confiando no seu talento, compromiso e responsabilidade.

Os nosos golpearon primeiro no minuto 5 grazas ao tanto de Hugo Álvarez. Antes do descanso, no minuto 11, Nacho Villanueva obrou o 2-0 para seguir alimentando o soño.

Tras o paso polos vestiarios, e na súa primeira chegada á nosa portería, Cataluña volveu ás final grazas ao tanto de Luís Vargas. Eles crían; aos nosos tocáballes sufrir.

Con todo, Galicia sacou a caste e o orgullo para resistir e acabar alcanzando a gloria en Murcia. Os nosos pequenos son os mellores de España nun 7 de maio inesquecible.

O equipo que logrou este fito histórico está dirixido por Nino García, responsable dos equipos do CP Casás, e contra entre as súas filas con xogadores de Lugo. É o caso de Hugo Álvarez, Ignacio Villanueva e Adrianio Maciel, do Ribeira FS, así como Iago Pita, que está na Gimnástica Lucense.

Estes catro xogadores de Lugo compartiron triunfo xunto a outros dous do Parrulo, dous do Carballiño, 3 do 5 Coruña e 1 de Alto do Vento.