Skip to main content
Lugo

Lara Méndez celebra un encontro cos veciños de Recatelo

Por 10 Maio, 2023Sin comentarios

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, mantivo un encontro coa veciñanza de Recatelo que lle solicitou a reunión, dentro da ronda que mantén a rexedora periodicamente nas distintas zonas da cidade, para avanzar conxuntamente na mellora da peonalización desta barrio, que se iniciou no mandato pasado e que a rexedora acabou de impulsar nestes últimos catro anos.

Méndez lembrou cos veciños que a peonalización de Recatelo empezou a executarse pola rúa Vila de Sarria, e “un dos obxectivos que nos marcamos foi seguir avanzando na transformación e humanización deste barrio”, destacou.

“Seguindo con esta finalidade e co modelo de cidade no que estamos a traballar, queremos que os novos espazos públicos, e polo tanto, tamén as peonalizacións, sexan menos duras e por iso presentámoslles aos residentes do barrio un proxecto de renaturalización das zonas comúns, que suporá incrementar as zonas verdes e axardinadas, para maior comodidade e confort da veciñanza”, explicou a rexedora.

Por outra banda, Méndez tamén se comprometeu a poñer en marcha accións para a dinamización económica tendo en conta as características especiais do barrio “para que Recatelo volva ser un punto neurálxico do municipio, cheo de vida, e para que goce do esplendor que tivo históricamente”.