Skip to main content
Lugo

O BNG reivindica a protección do idioma da comunidade co gallo do Día das Letras Galegas

Por 18 Maio, 2023Sin comentarios

O candidato do BNG á Alcaldía de Lugo, Rubén Arroxo, afirmou, co gallo do día das Letras Galegas, que “é preciso que desde as administracións protexamos a nosa lingua, garantindo o futuro dun dos nosos principais símbolos como pobo”. Arroxo reivindicou a protección do galego e animou a celebrar o Día das Letras “como acto un acto de orgullo colectivo”.

Rubén Arroxo destacou que “desde o BNG coa alcaldía do Concello de Lugo seguiremos a promocionar o uso da nosa lingua entre toda a veciñanza, con distintos programas de normalización”, e destacou o éxito do programa Enredando co Galego, posto en marcha polo BNG a través da área de Cultura neste mandato, “unha iniciativa que permite promover o uso do galego e a creación literaria entre a mocidade”.

“Os concellos teñen un largo abano de posibilidades de actuación práctica no impulso ao uso social da lingua en ámbitos diversos que permiten avances palpábeis e moita visibilidade e que de ningún modo podemos desaproveitar”, afirmou Rubén Arroxo, que engadiu “no actual contexto sociolingüístico, de perda de falantes o papel en prol da normalización que cómpre desenvolver desde os concellos tórnase crucial”.

O BNG participou, no día das Letras Galegas, da concentración convocada en Lugo pola plataforma Queremos Galego. Rubén Arroxo participou na XIII carreira solidaria do Colexio Cervantes, actividade organizada polo centro de ensino co obxectivo de recaudar fondos para a asociación somos unidos por el cáncer. O BNG colocou postos de información no centro da cidade ao longo do día, e a xornada rematou cun encontro do candidato do BNG, Rubén Arroxo, coa veciñanza de Bosende.