Skip to main content
Lugo

Podemos-Esquerda Unida presenta un programa “por un Lugo feminista”

Por 23 Maio, 2023Sin comentarios

A candidata da Coalición Podemos – Esquerda Unida á Alcaldía de Lugo, Chus Rodríguez, participou onte nun encontro con veciñas do barrio do Sagrado Corazón, onde lle espuxeron a súa preocupación polo estado de abandono de dito barrio. Unha das reclamacións que recolleu a candidata, Rodríguez, foi a de “instalar máquinas de exercicio para facer un parque biosaúdable no parque do Sagrado Corazón, así como mellorar as condicións de accesibilidade, algo do que recibiramos demandas, a raíz dunha reunión coa asociación de dano cerebral, ADACE, que conta alí co seu local”.

Posteriormente, Rodríguez, xunto con outros integrantes da Coalición percorreu o barrio das Gándaras, conversando coa veciñanza, un barrio que coa asociación veciñal, no seú día, acadara “que a empresa de telecomunicacións R retirara as torres de telefonía que instalara no barrio”. Neste sentido, a candidata da coalición de esquerdas remarcou “a importancia de que a veciñanza teña un tecido asociativo que sexa quen de trasladar as súas reivindacións e poñer en valor o sentimento de pertenza a unha comunidade”.

Pola tarde, a candidata da coalición de esquerdas, Chus Rodríguez, acompañada por Ximena Cheda, Isabel Sánchez e Carla Varela, deron a coñcer algunhas das liñas programáticas da área de muller e feminismo do programa da Coalición, na entrada do Parque de Frigsa, moi preto da Casa da Muller.
Chus Rodríguez manifestou que “precisamente escollemos este lugar para reivindicar unha vez máis, e xa van anos, a necesaria mellora do funcionamento e reforzo do persoal da Casa da Muller e a cobertura inmediata da praza de psicoloxía de dito organismo”.

Segundo manifestou a candidta, “a Casa da Muller ten o seu persoal de atención psicolóxica e asesoría social e xurídica ás mulleres maltratadas baixo mínimos, sen cubrir adecuadamente as baixas laborais e sen cumprir os requisitos de formación especializada establecidos pola lexislación integral contra a violencia de xénero”.

Por outra banda, “os pisos de acollida de mulleres vítimas de violencia machista non están en adecuadas condicións, nin se están a convocar prazas como a da traballadora de familia, recollida na OPE do pasado ano. Os fondos do Pacto de Estado non se están a empregar debidamente, por este goberno, na atención requerida para a prevención, atención e tratamento das mulleres vítimas de violencia machista.”

Rodríguez reivindica, “desde Podemos – Esquerda Unida urximos que o feminismo do goberno se traduza en orzamentos, e que a súa execución poida visibilizarse nunha mellora real das condicións de vida e igualdade das mulleres”.

Algunhas das propostas en materia de feminismo e igualdade do programa da Coalición son:

  • A creación da Concellería de Feminismo, encargada, entre outras cuestións, de xestionar a necesaria asignación do 5% do total do orzamento municipal para políticas específicas para mulleres. Adicando cada concellería (área de goberno) unha parte do seu orzamento en políticas de igualdade transversalizando ditas políticas.
  • Regulación de formas paritarias de contratación funcionarial e laboral.
  • Inclusión da perspectiva de xénero nos contratos e en todas as políticas municipais.
  • A creación e implementación dun Plan Integral Municipal contra a Violencia de machista.
  • A creación de Dispositivos de urxencia para aquelas mulleres vítimas de violencia (á marxe da súa solicitude ou non da Orde de Protección) en coordinación con outros concellos, comarcas ou mancomunidades.
  • A creación da figura de Acompañamento da Muller víctima de violencia de xénero, en todas as fases do seu proceso (e acompañamento policial, xudicial, médico, social…).
  • Amplación e mellora das condicións das Casas de Acollida en coordinación con outras administracións.
  • Creación doutros recursos residenciais alternativos para garantir a adecuada recuperación das mulleres vítimas da violencia machista, que poidan estar acompañadas se así o desexan polos seus fillos e fillas e animais da familia, como pisos de transición cara unha vida autónoma.
  • Puntos de información integral descentralizados nos barrios.
  • Desenvolvemento de programas destinados á atención de mulleres en situación de marxinación e exclusión social.
  • Desenvolver medidas encamiñadas á abolición da prostitución.
  • Programas integrais de actuación dirixidos a mulleres prostituídas.
  • Lugo: cidade libre de trata e explotación sexual.
  • Discriminación positiva (priorizar) na adxudicación de vivendas sociais destinados a mulleres con cargas familiares non compartidas, víctimas de violencia con escasos recursos económicos.
  • Posta en marcha de programas destinados a potenciar actividades artísticas, culturais e de investigación das mulleres.
  • Promoción da formación profesional agraria para aqueles sectores de mulleres do ámbito rural.
  • Creación de vivendas para mulleres migrantes. Desenvolvemento de programas de alfabetización e formación laboral.
  • A Mellora das condicións de atención psicolóxica, legal e social da Casa da Muller, actualmente con persoal insuficiente.
  • É necesario reforzar o seu persoal para garantir esta atención ás vítimas da violencia machista, así como cubrir as baixas laborais.
  • Convocar de xeito inmediato a praza de psicoloxía para a atención ás mulleres vítimas de violencia, pero tamén para as fillas e fillos vítimas de violencia machista.
  • Creación dun dispositivo de atención ás mulleres vítimas de violencia de xénero de asesoramento, orientación e, de ser preciso, notificación á Policía, en atención de 24 horas durante os 7 días da semana.