Skip to main content
Lugo

192 lucenses poderán reciclarse a aprender novas formas de condución seguras

Por 26 Maio, 2023Sin comentarios

Lugo estrea unha proposta para lucenses de ata 55 anos incluída no programa +Xti 2023, que subvenciona o Plan Nacional sobre Drogas adscrito á concellería de Xuventude, nesta ocasión para avaliar a calidade de condución medindo as accións que realiza a persoa que vai ao volante co propósito de reducir o número de accidentes de tráfico derivados do exceso de velocidade, do consumo de alcohol e outras drogas e das distraccións polo uso de dispositivos móbiles.

Dende que se obtén o permiso de conducir, a gran maioría dos conductores adquiren hábitos, moitas veces contrarios á seguridade para si mesmos e para os outros. Por este motivo, se propón unha actividade que permitirá aos lucenses avaliar a súa seguridade, detectar erros na súa conducción, reciclarse e aprender novas formas de conducción máis segura para todos.

O 23 e 30 de xuño e o 7 de xullo a Horta do Seminario acollerá estas xornadas. Cada unha delas terá unha duración de 8 horas: das 11.00 ás 14.00 e das 16.00 ás 21.00 h. En cada hora poderán participar ata 8 lucenses cun máximo de 64 persoas por día.

A actividade terá dúas partes. A primeira será un percorrido circulando por vías urbanas, convencionais e autopistas/autovías. Durante ese percorrido, gravarase a través de varias cámaras o tráfico, condutor ou condutora, así coma o acelerador, os cambios, a presión que fai no freo, a forzas G, etc.

A 2ª inclúe un breve proceso de formación onde se explica a cada participante coas imaxes captadas e os datos obtidos, cáles son os defectos que debe corrixir.