Skip to main content
Chantada

Máis de 500 persoas participaron na XII Carreira Popular de Chantada

Por 2 Maio, 2023Maio 3rd, 2023Sin comentarios

O club Atletismo Chantada organizou o pasado sábado a XII Carreira Popular de Chantada, na que máis de 500 persoas participaron percorrendo as rúas de Chantada durante 10 quilómetros.

Durante esta iniciativa, ademais, instalouse ao redor do municipio diferentes actividades para adultos e pequenos, como postos de música e hinchables para nenos. Ademais, ao remate da carreira, entregáronse os premios aos 15 gañadores, entre os que destacan Roque González Batán e Lucía Cando Gómez, gañadores absolutos da carreira.

Esta edición contou coa colaboración do Concello de Chantada, coa representación do alcalde , Manuel Lorezno Varela, así como os concelleiros de Deportes e Parques e Xardíns, outras institucións, empresas e voluntarios.