Skip to main content
Chantada

A Asociación Polamiúda trae 12 actuacións musicais no seu festival feminista ‘Polas bravas’

Por 17 Maio, 2023Maio 18th, 2023Sin comentarios

A Asociación Polamiúda organiza o primeiro Festival feminista de Chantada, ‘Polas Bravas’, que terá lugar este venres e sábado 19 e 20 de maio co obxectivo de “ser unha canle facilitadora do discurso feminista á veciñanza da nosa contorna, e tamén unha vía de libre acceso a discursos, producións e contidos culturais alternativos e independentes”, defenden desde a asociación.

Este festival gratuíto e aberto á participación de todas as persoas interesadas acolléra diferentes actuacións musicais durante os dous días. Para comezar, o venres actuará Noite e Aldaolao no Mesón Mogay ás 20.00 horas e Midori Y Hatta no Pub Lost ás 00.30 horas.

Xa o sábado, terán lugar os concertos da Academia, Nuria Vil e Meriwlson a partir das 12.00 horas no parque Eloisa Rivadulla. Xa pola tarde actuará Chévere “As fillas bravas” e PunKDereteiras no auditorio principal, ás 18.30 horas; mentres que o parque Eloisa Rivadulla acollerá as últimas actuacións a partir das 20.30 horas de Fillas de Cassandra, Bratzantifa, hydn e Luna Desgracia.

Desde a organización defenden que desde o principio quixeron montar un festival pequeno para dar calidade, “que provoque interese na veciñanza e que cumpla o seu cometido como espazo cultural de debate e sororidade”.