Skip to main content
Monforte

A obra ‘As malas mulleres’ será presentada pola propia autora, Marilar Aleixandre, na Librería Agrasar

Por 9 Maio, 2023Maio 10th, 2023Sin comentarios

O vindeiro mércores ás 18.30 horas Marilar Aleixandre presentará o seu libro ‘As malas mulleres’ na Librería Agrasar de Monforte, polo que lle outorgaron o Premio Nacional de Literatura.

Marilar Aleixandre estará presente para compartir detalles sobre o seu proceso creativo e sobre as ideas que inspiraron esta obra tan especial. Ademais, estará acompañada da escritora Olga Novo, que tamén obtivo o premio nacional de poesía no ano 2020 pola súa obra “Feliz Idade”.

As persoas interesadas en participar desta iniciativa poderán facelo de balde ata completar aforo.