Skip to main content
Monforte

Xa están abertos os prazos para inscribirse ou renovar a matrícula no Conservatorio de Monforte

Por 22 Maio, 2023Maio 23rd, 2023Sin comentarios

Xa está aberto o prazo de inscrición para o acceso ao Conservatorio Municipal de Monforte “Mestre Ibáñez” para o curso académico 2023/2024, nos distintos cursos e especialidades ofertados, que son piano, guitarra, trompa, clarinete, violín, trompeta, saxofón, percusión e trombón.

Así, o prazo para inscribirse na proba acceso ao 1º curso de grao elemental, no que as persoas interesadas teranse que enfrontar a unha proba de aptitude musical que non require coñecementos musicais previos e que terá lugar o día 26 de xuño ás 17.00 horas, estará aberto ata o 23 de xuño.

A inscrición será gratuíta e poderase facer presencialmente na Secretaría do Conservatorio Municipal ou descargando a solicitude de proba de acceso na Sede Electrónica, da web do Concello de Monforte, enviándoa debidamente cuberta e no prazo establecido ao correo do centro: conservatorio@concellodemonforte.com.

Por outra banda, o prazo para inscribirse na proba de acceso ao 1º curso de grao profesional, o pase de grao que terá lugar o 25 de maio, en cambio, estará aberta ata o 24 de maio. A inscrición poderase facer do mesmo modo que para inscribirse na proba de acceso ao 1º curso de grado elemental.

Finalmente, a inscrición na proba de acceso a outros cursos das ensinanzas elementais ou profesionais, durará ata o 23 de xuño e a inscrición poderase facer pdo mesmo xeito que para as anteriores. Esta proba terá lugar o día 27 de maio ás 16 horas.

Con respecto ao prazo de renovación de matrícula para o vindeiro curso 2023/24, os interesados poderán facelo ata o 6 de xuño e o prazo de matrícula para o novo alumnado que supere o acceso, será do 27 ao 30 de xuño.

Actos previstos de Fin de Curso

O Conservatorio organiza o acto para pechar o curso académico, o Festival fin de curso e Xornada do conservatorio na rúa, que terá lugar o venres 2 de xuño, na Praza de España ás 19.00h e nel participarán todos os alumnos e profesorado do centro.

As actuacións realizaranse de forma individual, en distintos grupos de conxunto, coros e Orquestra e desde a institución invítase a todos os veciños a este evento, o cal poderáse presenciar de maneira acomodada, posto que se disporá de sillas.

Este Festival está dirixido a todo o público en xeral, gratuíto e ao aire libre e o alcalde anima a todos os monfortinos e monfortinas a desfrutar do festival e a compartir cos alumnos e alumnas do conservatorio unha xornada tan importante para eles que marca a finalización dun curso do que de seguro sacaron proveito.