Skip to main content
Monforte

O BNG de Monforte propón habilitar unha zona de baño na contorna de Vilanova

Por 24 Maio, 2023Sin comentarios

O BNG de Monforte propón unha zona de baño sostible e integrada na contorna de Vilanova, unha contorna natural, sen intervencionismos no medio, onde os usuarios se sintan parte do espazo.

Así, apostan por este tipo de construción en contraposición da praia fluvial que o goberno local ten a intención de implantar cunha inversión de máis de 5 millóns de euros e ocupando unha superficie de 116.000 metros cadrados.

Desde o BNG propoñen habilitar unha zona de baño en Vilanova integrada na contorna, sostible, accesible e segura nun terreo no que xa o 50% da súa superficie é propiedade municipal, onde se inclúe a illa, a presa e unha pequena edificación, e existindo un preacordo coa propietaria para a concesión do outro 50%.

Explican que cunha pequena inversión e en pouco tempo poderíase dispoñer dunha zona de baño habilitada, con estruturas e equipamentos desmontables que se instalarían ao comezo da tempada e se quitarían ao final, “recuperando así a que foi durante décadas unha tradicional zona de baño para os veciños de Monforte e coidando e protexendo ese espazo natural”, defenden os nacionalistas.

Neste espazo, o partido político propón que tamén haxa unha plataforma de madeira para facilitar a accesible de cadeiras de rodas e carros de crianzas, servizo de socorrista, unha zona de baño segura e delimitada, aseos, quiosco, un espazo habilitado con mesas, bancos e papeleira e un aparcadoiro de bicicletas.