Skip to main content
Ribas de Sil

O 30 de maio comezarán as obras de instalación do caixeiro na Praza do Concello de Ribas de Sil

Por 24 Maio, 2023Maio 25th, 2023Sin comentarios

O Concello de Ribas de Sil vén de informar de que o vindeiro 30 de maio comezarán as obras de instalación do caixeiro de Abanca, que quedará completamente operativo o vindeiro 5 de xuño con efectivo disponible para os veciños, tal e como consta na documentación recibida o pasado xoves 18 de maio.

Esta iniciativa realizarase despois de anunciar en marzo que se ía levar a cabo a posta en funcionamento do único caixeiro que había no concello e tras as propostas veciñais que se produciron nos meses anteriores.

“Afortunadamente volveremos a ter caixeiro en pouco tempo grazas a un convenio asinado polo Concello coa Xunta e Abanca”, dicían os veciños. Este novo caixeiro estará situado dentro da Casa Consitorial, na Praza do Concello.