Skip to main content
O Saviñao

O Círculo do Saviñao acolle a conferencia de Xosé Ramón Fanciño e a inauguración de pintura de Leo García

Por 6 Maio, 2023Maio 7th, 2023Sin comentarios

O Círculo Saviñao do municipio acolle este fin de semana dúas actividades para o público en xeral.

A primeira será esta tarde de sábado a partir das 20.00 horas na que terá lugar unha conferencia da man de Xosé Ramón Fanciño, do Seminario de Estudos Galegos e Museo do Pobo Galego. Acompañarano, ademais, Xan de Forcados e Pura Lorenzana.

Con respecto ao domingo, terá lugar a inauguración da exposición de pintura de Leo García a partir das 18.30 horas.