Skip to main content
O Saviñao

O PSOE do Saviñao denuncia que un concelleiro popular acompañou a maiores a solicitar o voto por correo

Por 19 Maio, 2023Maio 20th, 2023Sin comentarios

A agrupación do PSdeG no Saviñao vén de denunciar que, ao longo da xornada do xoves, un concelleiro do Partido Popular do municipio conduciu a diferentes persoas de vivendas tuteladas de Escairón á oficina postal para solicitar o voto por correo.

“É xa unha práctica habitual do PP, pero non por ser habitual deixa de sorprendernos, pois non é nin ético nin legal”, laiou o candidato socialista, Celestino Rodríguez.

Ademais, apuntou que “é normal que as persoas que viven alí necesiten axuda, pero para iso está o persoal da empresa que xestiona esa dotación social”, explica o candidato socialista, que lamenta que un responsable municipal “cun salario pagado por todos e todas, estea facendo esas cousas para conseguir votos sectarios para o Partido Popular”.

Así, di que foi alertado por varios os veciños, “que nos dixeron que un dos concelleiros do PP estivo ao longo da xornada de hoxe, que é o último día que se pode solicitar o voto por correo, levando xente da residencia tutelada á oficina postal. Iso non pode ser”, denuncia Rodríguez.