Skip to main content
Láncara

A XXIV edición da Feira Degustación da Tenreira Galega de Láncara foi todo un éxito

Por 2 Maio, 2023Maio 3rd, 2023Sin comentarios

O Feira Degustación da Tenreira Galega de Láncara foi todo un éxito despois de que centos de persoas se achegaran ao campo da feira a desfrutar dunha xornada cargada de actividades.

Entre o máis destacado, o pregón da actriz Benedicta foi aclamado por todo o público e incluso posou en diferentes fotografías xunto con autoridades lancaresas como o alcalde e o tenente alcalde.

Ademais, este ano, na súa XXIV edición, o Concello de Láncara acolleu o espectáculo ecuestre ‘Duende ecuestre’ organizado polo Centro Ecuestre El Rebolillo, que tivo lugar ás 17.00 horas no Campo da Feira da Pobra de San Xiao.

Os asistentes puideron desfrutar de stand de queixos artesáns, sidra ecolóxica e degustación da tenreira galega suprema, un produto especial lancarés. Tamén houbo puxas por xovencas, a entrega de premios do concurso de gando vacún, o sorteo dunha becerra e a actuación do grupo musical Punto Clave.