Skip to main content
Láncara

O Mago Deimi actuará na Biblioteca Municipal do Concello de Láncara o vindeiro venres

Por 13 Maio, 2023Maio 15th, 2023Sin comentarios

O Concello de Láncara acolle a actuación do Mago Deimi o vindeiro 19 de maio ás 16.00 horas na Biblioteca Municipal.

Neste espectáculo de maxia, as persoas que asistan verán que “a maxia está nos libros”, ofrecendo un espectáculo de maxia moi variado e divertida onde predomina o seu dinamismo cun estilo cómico e desenfadado.

O mago Deimi é natural de Ribadavia (Ourense) e tivo afección pola maxia desde neno, adquiriu a súa formación da man de mestres e tamén de forma autodidacta para ir, co paso dos anos, adquirindo unha personalidade propia e deixando un sinal característico nos seus espectáculos.