Skip to main content
O Páramo

O mercado solidario organizado polo CEIP Páramo foi todo un éxito

Por 11 Maio, 2023Sin comentarios

O Colexio do Páramo organizou un mercado solidario con material da súa biblioteca coa intención de recadar fondos para a excursión de fin de curso dos nenos máis maiores, de sexto de primaria.

Entre as 13.00 e as 15.30 horas, moitas persoas achegáronse a ver que tiñan exposto para mercar, obxectos como libros, CDs, DVDs a baixo custo, entre 1 euro e 3 euros.

Desde o colexio sosteñen que foi “todo un éxito” e agradecen a todas as persoas que se achegaron ao mercado por pasar un tempo con eles, axudándolles a aforrar cartos para a súa excursión.

Ademais de veciños, pais e xente interesada, tamén se achegaron ao mercado solidario políticos, como o actual alcalde do Páramo e candidato á Alcaldía polo Partido Popular.