Skip to main content

Dende o servizo de prevención de condutas adictivas da agrupación dos Concellos de Begonte, Castro de Rei, Friol, Outeiro de Rei e Rábade organizan un concurso de debuxos polo día Mundial Sen Tabaco

O concurso está dirixido ao alumnado de 5º e 6º de Primaria dos centros educativos dos concellos da agrupación.

A temática dos debuxos consiste na realización dun cartel para o Día Mundial sen Tabaco 2023, realizando traballos que sexan capaces de transmitir unha mensaxe relacionada ben coa promoción da saúde ou coa prevención do consumo de tabaco.

Por cada Concello entregaranse 2 premios aos mellores carteis, así como un premio ao mellor cartel que será empregado para a campaña de sensibilización do 31 de maio.

Os traballos entregaranse a través dos centros educativos e poderán ser entregado ata o 28 de maio ao mail: prevenciondrogas@rabade.org.

Unha vez elixidos os debuxos premiados farase a entrega de premios nos propios centros educativos.