Skip to main content
BegonteDeportes TERRACHÁXA

Begonte convoca para o 1 de xullo a súa carreira popular

Por 31 Maio, 2023Sin comentarios

O Concello de Begonte anunciou a data da Carreira Popular do Concello de Begonte, que acadaría a súa VI edición.

A carreira terá lugar o 1 de xullo, sábado, no Club Fluvial e contará tamén cunha andaina. Novamente está prevista a celebración de varias carreiras por idades, ademais da competición absoluta, na que se percorrerán 7 quilómetros.

Esta cita co atletismo é xa un referente na comarca e todos os anos reúne en Begonte centos de persoas. En breve daranse a coñecer os detalles da mesma e abrirase o prazo de inscrición.