Skip to main content
Cospeito

Cospeito: Dúas caras novas na oposición a 32 anos de goberno de Castosa

Por 16 Maio, 2023Maio 17th, 2023Sin comentarios

Outro dos alcaldes que acumulan xa décadas no poder é Armando Castosa, que accedeu á Alcaldía en 1991. Este político, que tivo unha maioría forte historicamente, mantivo o cargo nos dous últimos anos pola mínima. No 2015 o concello pasou de ter 13 concelleiros a 11 e con isto apreciuse un cambio de tendencia no voto, obtendo a maioría absoluta con 6 concelleiros fronte aos 5 da oposición. Do outro lado, dous candidatos novos. No PSOE Daniel Irimia pasa a ser o líder trala retirada de Rosa Morán e Afonso Olegario Aguiar chega no lugar de Yolanda García.

PARTIDO POPULAR

Armando Castosa opta de novo á reelección como alcalde de Cospeito polo Partido Popular co compromiso de “seguir traballando en favor dos intereses dos veciños e seguir desenvolvendo proxectos no ámbito dos servizos sociais, medioambientais, educativo, culturais, deportivo, de infraestruturas e de servizos que agora mesmo están en marcha para seguir facendo de Cospeito un lugar con calidade de vida e benestar en base a estas ideas. Igualmente, definiu ao seu equipo como “capaz e comprometido co noso municipio e coa organización política”.

O candidato dos populares márcase esta nova lexislatura como obxectivo “seguir traballando desde a humildade, escoitando a todos e así dar continuidade a un goberno de maiorías, ampliando o noso proxecto político para continuar gobernando o municipio con estabilidade e puxanza”, expuxo Castosa.

Con esta ideoloxía aspira a facerse coa novena lexislatura apoiado polo seu partido e por unha lista nova pero sen moitos cambios en esencia.

Podes volver ver o vídeo co resumo do programa do candidato do PP neste enlace

PSOE

Daniel Irimia, investigador, escritor e poeta, será o candidato do PSdG á alcaldía de Cospeito nas vindeiras eleccións despois da retirada de Rosa Morán da primeira liña política.

Irimia asegurou que se abre unha nova etapa en Cospeito, que afronta, subliña, “con moita ilusión, con moitas ganas de traer e de facer cousas concretas no meu concello, de poñelo á altura dos municipios veciños en canto a infraestruturas básicas e de superar o estancamento e o abandono do actual goberno municipal”.

Explicou que quere “revitalizar Cospeito, dinamizar o rural e desenvolver políticas que axuden a asentar poboación será a columna vertebral do noso programa electoral para facer de Cospeito o corazón da Terra Chá”. Nese sentido, anunciou tamén que presentará unha candidatura “renovada, con xente preparada e, sobre todo, pegada ó pobo”.

Engade este candidato socialistas que “farei o que sexa necesario con tal de traer cousas para Cospeito e modernizalo”.

Mira o vídeo de Daniel Irimia aquí

BNG

A persoa elixida por unanimidade pola asemblea do BNG foi Afonso Olegario Aguiar Ballesteros, de 37 anos, traballador do transporte e gandeiro.

Afonso Olegario Aguiar anunciou que “o BNG ten claro o seu proxecto, o que é capaz de levar adiante en Cospeito grandes avances para ser a referencia da vida no rural, con confianza nas súas potencialidades e afondando na mellora da vida da súa veciñanza”.

Neste senso, a candidato do BNG á Alcaldía de Cospeito destacou “o modelo do BNG para os concellos é claro, producir grandes avances con rigor, coherencia, boa xestión e transparencia, os que garanten á veciñanza máis dereitos e máis servizos públicos de calidade”.

O candidato do BNG prensenta neste vídeo o seu programa

CANDIDATOS ELECCIÓNS 2023

PSOE

1. Daniel Irimia Yáñez
2. María González Castro
3. Pablo Alvariño Vázquez
4. Beatriz Díaz Pérez
5. José Ramón Chao Iglesias
6. Isabel Carral Fraga
7. Álvaro Anllo Folgueira
8. Sonia Muinelo Fernández
9. José Manuel Gómez Verdes
10. Alfonso Alonso Vigo
11. Rosa Morán Luaces
Suplentes
1. María Avelina García Alvariño
2. Ramón Vázquez Rodríguez
3. María Carmen Nodar Domínguez
4. José Rodríguez Blanco

PP

1. Armando Castosa Alvariño
2. Natividad Miguélez Castro
3. Fernando Carreiras González
4. Iván Méndez Flores
5. María Elena Veiga Castro
6. María José Paredes Yáñez
7. José Veiga Fernández
8. Ana Iglesias González
9. María Teresa Paredes Rábade
10. Brais Cruña Pardiño
11. Alba García Salgado
Suplentes
1. Rocío García Corbelle
2. Ana Cabana Anllo
3. Néstor López Álvarez
4. José Díaz Rodríguez
5. Gaspar Pedreira Cordal
6. Josefa Lamas Martínez
7. Marcos González Losada

BNG

1. Alfonso Olegario Aguiar Ballesteros
2. José Barreira Alonso
3. María Montserrat Santiso Bello
4. María Isabel Teijeiro Murias
5. Carlos Montero Basadre
6. María Yolanda García Cabana
7. María José Neira Maseda
8. Miguel Lozano González
9. Lidia López Teijeiro
10. David García Iglesias
11. Nuria Castro Vila