Skip to main content
FriolFriol TERRACHÁXA

Friol acolle unhas xornadas formativas para queixerías tradicionais

Por 17 Maio, 2023Sin comentarios

O Concello de Friol acollerá a partir do día 20 de maio unhas xornadas formativas para as queixeiras do Concello. Nelas falarase das principais barreiras hixiénico-sanitarias que se atopan as pequenas queixerías, adaptándose ás necesidades das participantes.

Tratarase de resolver os problemas que poida ter cada queixeira. Informarase do Decreto de Artesanía Alimentaria e a súa utilidade de cara a este tipo de producións, etc.

A intención destas xornadas é dar información e tentar solucionar posibles problemas cos que se atopan as queixeiras, e que esta tradición non desapareza, manter en funcionamento estas queixerías mellorando a súa rendabilidade económica e axudando así, no posible, a ter un relevo xeracional.

As sesións serán entre o 20 e o 27 de maior en horario de 11.00 a 13.00 horas no salón de actos do centro sociocultural. Están organizadas polo GDR Comarca de Lugo.