Skip to main content
Deportes TERRACHÁXAGuitiriz

Iván Picallo gaña o IV Slalom Concello de Guitiriz

Por 7 Maio, 2023Maio 8th, 2023Sin comentarios

Gran expectación no Campo da Feira para desfrutar da cuarta edición do Slalom Concello de Guitiriz Gran Premio Ruta da Auga, segunda cita do calendario do Campionato Galego de Slalom e organizado conxuntamente coa Escuería Scratche Fene.

Iván Picallo, da escudería Moeche, foi precisamente o gañador da proba deste sábado tras impoñerse ao 48 pilotos presentes cun crono na primeira manga de 1.40.333, o único que baixou de 1.41.

A segunda praza correspondeu ao Manuel Trevín Rego, de Automóvil Club As Pontes, cun tempo de 1.42.535. Pechou o podio David Santos García, da escudería Galicia MotorSport, con 1.44.036 de marca.

Nesta cuarta edición alcanzouse o récord de persoas inscritas, cun total de 48 participantes nas diferentes categorías. Repartiranse 1.230 euros en premios.

A categoría feminina, con cinco participantes, estivo liderada por Mariquiña Chao, de Moeche. Ademais, Luis Toimil fíxose coa copa de debutantes e Rubén Gandoy Piñeiro coa de iniciación.