Skip to main content
Outeiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

O BNG de Outeiro de Rei acusa ao alcalde de intentar impedir unha charla informativa sobre catastro

Por 13 Maio, 2023Sin comentarios

Explican que non abriu o local social que estaba formalmente solicitado, obrigando a realizar o acto informativo fóra, no medio da maleza que tamén estaba sen limpar.

O BNG de Outeiro de Rei tiña convocada unha charla informativa onte 11 de maio en Bonxe, no local social da parroquia. Para iso, solicitou formalmente o local onde dende o pasado luns, onde se especificaba claramente o motivo da reunión, así como a hora e lugar onde se ía celebrar. Dado que non houbo resposta por parte do concello, o que supón que estaba concedido, o mesmo día da reunión lembróuselles telefonicamente que tiñan que abrir a porta do local.

“Pois aínda así, sen previo aviso e ás agachadas, como vén sendo habitual no señor Pardo, non apareceron as chaves do local, obrigando a máis de vinte veciños e veciñas que estaban esperando para oír a charla, a estar fóra, no medio da maleza”, indican.

“A táctica do alcalde nos últimos tempos é cortarlle todo tipo de información ao BNG, en todos os niveis. A súa intención e acalarnos, que non teñamos información para que non lle contemos á veciñanza o que está a ocorrer nin as nosas alternativas. Dende logo non o vai lograr e podemos asegurarlle á cidadanía que seguiremos estando aí, para contarlles todo o que ocorre e para cambiar as cousas en canto teñamos oportunidade.

Dende o BNG estanse a estudar todas as alternativas posibles para poñer todos os medios e locais públicos ao servizo de todas as veciñas e veciños de Outeiro, pois son bens de todos e todas, non só para a utilización do alcalde e das persoas que o seguen.