Skip to main content
Outeiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

Outeiro de Rei: Pardo sostén unha maioría absoluta con 25 anos de historia

Por 22 Maio, 2023Maio 23rd, 2023Sin comentarios

José Pardo Lombao, un dos alcaldes máis lonxevos da provincia, enfróntase un ano máis a defender o seu bastión popular, nesta ocasión ante tres partidos máis. Na oposición están situado con máis relevancia electoral o BNG. Xosé Ferreiro volverá a encabezar por terceira vez a candidatura do BNG en Outeiro de Rei, esperando que o BNG continúe na liña ascendente das dúas convocatorias anteriores, acadando así a maioría suficiente para que en Outeiro de Rei se produza o cambio. Tamén repite a candidata socialista, María del Carmen Acacio, cunha renovada lista.

PARTIDO POPULAR

José Pardo Lombao, gandeiro de profesión, incorporouse á actividade política en 1983 como concelleiro polo PPdeG e en 1998 foi elixido alcalde en substitución de Antonio Varela Rodríguez. Nas eleccións municipais de 1999 encabezou a candidatura do PPdeG e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Continuou como alcalde nas sucesivas convocatorias electorais, sempre con maioría absoluta, unha maioría que foi crecendo sempre.

Para Lombao, un dos logros importantes desta lexislatura que remata foi o centro de día, que se fará en tres fases. A primeira xa está rematada, que foi a compra do edificio e agora están a rehabilitala.

Para o alcalde, o principal reto e seguir traballando na mesma liña e rematar proxectos en marcha como o centro BTT de Santa Isabel ou as melloras no abastecemento de auga. Queren tamén facer unha depuradora de augas residuais.
“Temos a vantaxe de ter unha estabilidade no goberno, o que nos permitiu desenvolver proxectos a longo prazo e iso é importante”, dixo.

BNG

Xosé Ferreiro volverá a encabezar por terceira vez a candidatura do BNG en Outeiro de Rei, esperando que o BNG continúe na liña ascendente das dúas convocatorias anteriores, acadando así a maioría suficiente para que en Outeiro de Rei se produza o cambio. As principais liñas de traballo que se marcan comezarían “por ter unha xestión municipal transparente, garantindo que calquera persoa ou empresa teña as mesmas oportunidades de traballar no concello”.

Este partido obtivo un crecemento importante en intención de votos nas últimas eleccións, na que se escollían por segunda vez 13 concelleiros xa que no 2015 rexistrou un aumento de poboación importante cambiando o rexistro. Tamén queren levar adiante un plan urbanístico “sostíbel e para as persoas, permitindo que todas as parroquias teñan as mesmas oportunidades de medrar, así coma acceso aos mesmos servizos; regular uns impostos e conseguir uns servizos públicos propios do século XXI”.

PSOE

Tamén repite a candidata socialista, María del Carmen Acacio, cunha renovada lista coa que pretende buscar máis representación e loitar conxuntamente contra o liderado do alcalde actual.

“Comprométome firmemente en buscar políticas nas que os dereitos e o benestar sexan o centro de actuación, gobernaremos doutro xeito, con eficacia, responsabilidade, sensibilidade, proximidade e solidariedade, buscando incentivar o emprego, a educación e a cultura e prestando apoio a maiores e persoas con discapacidade. Crearemos políticas para xente nova”.

INDEPENDENTES

Os independentes xa se presentaron na anterior lexislatura e estaban liderados tamén por José Manuel López Castro cunha lista non moi diferente á que levaron no 2015. Nesta ocasión non se presentarán dous partidos que estiveron presentes nos anteriores comicios, Ciudadanos e FLI, este partido formouse por unha división interna. Ningún dos dous logrou sumar concelleiros.

CANDIDATOS ELECCIÓNS 2023

PP

1. José Pardo Lombao
2. María Begoña Seco Varela
3. José Yebra Amorín
4. Pilar Méndez Lombao
5. Jesús Fernández García
6. María José Martínez Vigo
7. Fermín López González
8. Tania Díaz Seijas
9. Luis Alfonso Trigo Fernández
10. María Paz Pernas Hombreiro
11. Diego González Rifón
12. María Luisa Núñez Ceide
13. Pablo Espiño Bellón
Suplentes
1. Ana Barreiro Pernas
2. Alfonso Vilanova Roibás
3. María Dulcina Viña Viña
4. Pablo Illán Montouto
5. María Herminia Díaz Díaz
6. Antonio López Pérez
7. María Dombina Gadín Abelleira
8. Manuel Fraga Martínez
9. Verónica Fernández Núñez
10. Alfonso Rivas Fernández

BNG

1. Xosé Ferreiro Fernández
2. Elvira Lombao Vila
3. Miguel Vieito Villar
4. Noelia Pardeiro Fompedriña
5. Luís Fernando Regueiro Otero
6. Rita Castedo Meilán
7. Daniel Prado Rielo
8. María de Román Fuenteseca
9. José Luís Vigo Carballeira
10. Eva Sarceda Rubinos
11. Javier Fernández Méndez
12. Xosé Ramón Rodríguez Iglesias
13. Lara Pita Buezas
Suplentes
1. Ramón Xoán Parga Vázquez
2. Mª Montserrat Tubío Fernández
3. Orlando Vivero Veiga
4. Ángel Cobas Folgueira
5. Estefanía Méndez López
6. Davinia Rubinos Regueiro
7. Xoán Manuel Tubío Fernández
8. Dulce María Neira Fraga
9. Arcadio Lombao Román
10. Francisco X. Molinos Campos

PSOE

1. María del Carmen Acacio López
2. Carlos Méndez Castro
3. Efraím Díaz Vázquez
4. David Iglesias Díaz
5. María Luisa Meilán Lombao
6. José Manuel Carral Méndez
7. José Luis Iglesias Fontela
8. Manuel Varela Granda
9. Isabel Méndez Rodríguez
10. María Dolores Vieiro Núñez
11. Miguel Ángel López Varela
12. María del Carmen López Rivas
13. María Sagrario Couto Diz
Suplentes
1. Luis Martínez Roibás
2. Lorena Ceide Santos

PP

1. José Manuel López Castro
2. Álvaro García Folgueira
3. Félix Fernández Gallego
4. María Rosa Folgueira Porto
5. María Luisa Pájaro Vázquez
6. José Manuel Expósito Núñez
7. Mónica Viña Veiga
8. Gloria Elena Rendón Ramírez
9. Alberto Gallego Núñez
10. Marta Viña Veiga
11. Manuel Freire Freire
12. María López Roibás
13. Ana María Guizán Pernas

Actualmente, o partido máis forte na oposición é o BNG