Skip to main content
As Pontes

Os Xoves na Biblio das Pontes continúan con Fantoches Baj

Por 17 Maio, 2023Sin comentarios

Continúa o programa Xoves na Biblio esta semana, 18 de maio, co espectáculo A viaxe feliz de Ramón Sanfiz, de Fantoches Baj, un espectáculo para nenos a partir de 4 anos.

Ramón Sanfiz, aventureiro e percusionista dunha orquestra de baile da mariña, disponse a percorrer un novo itinerario co seu triciclo. No encontro co público, cóntalles a viaxe que realizou desde a súa vila natal ata San Andrés de Teixido fiando diferentes historias que aprendeu dos habitantes que atopou polo camiño. Esta nova produción de Fantoches Baj está baseada en Galicia, o libro de crónica de viaxes de Francisco Fernández del Riego no que o autor trazou unha ducia de itinerarios singulares percorridos polo seu alter ego: Ramón Sanfiz. Unha proposta onde a narración vai acompañada de música, monicreques, romances de cego e outras técnicas de teatro de rúa.

Despois de deixar dúas pedras no amilladoiro de Santo André de Teixido, Ramón Sanfiz, alter ego de Fernández del Riego e percusionista na Rondalla Mindoniense do Pallarego, preséntase ante a xente alí reunida e para describir o seu proxecto de viaxar en triciclo desde a súa vila natal Lourenzá ata Teixido representando pezas do rico patrimonio inmaterial das vilas do camiño. Para iso servirase de instrumentos musicais como unha caixa de música, un pandeiro ou un talking drum e de obxectos como marionetas, un cartel de cego ou un kamishibai. Elementos que leva no seu triciclo e que vai sacando ao tempo que vai relatando os lugares polos que pasou na súa travesía a Santo André e que darán pé aos contos, cancións, lendas e romances deste rico camiño cultural que cruza a Mariña e que remata na serra da Capelada.

A sesión será coma sempre, ás 18.00 horas na Casa Dopeso e de balde. Precisa inscrición previa no teléfono 982 102 562.