Skip to main content
As Pontes

A Casa do Mel de Goente celebra a fin de semana o Día da Abella

Por 19 Maio, 2023Sin comentarios

A Casa do Mel de Goente celebra esta fin de semana o Día da Abella, cun programa de actos para todas as idades.

Así, abrirá a sesión o sábado con cunha charla, ás 16.30 horas sobre os tratamentos contra a varroa, como e cando colocalos.

Continuará a xornada coa entrega de premios da XVI Cata de mel, prevista para as 17.45 horas. Para asistir será necesario inscribirse antes na propia Casa do Mel ou mesmo no teléfono 661 003 616. Ás 18.00 horas está convocada a asemblea xeral da asociación Casa do Mel.

Ao día seguinte, domingo, será a vez dos máis pequenos, xa que a partir das 16.30 horas haberá actividades infantís na Casa do Mel vinculadas tamén a Api-ruta.

A Casa do Mel de Goente celebrou este mes 20 anos de vida. A entidade ten en marcha o proxecto de creación dunha cooperativa.